Este domingo, novo curso de condución segura na Pastoriza

Terracha Xa
O circuíto da Pastoriza acolle o 27 de setembro un novo curso de formación de particulares. Deste xeito volven a situar algunha cita en domingo tal e
Captura de pantalla 2020 08 17 a las 10.43.38
Captura de pantalla 2020 08 17 a las 10.43.38
plosa2
25 sep 2020

O circuíto da Pastoriza acolle o 27 de setembro un novo curso de formación de particulares. Deste xeito volven a situar algunha cita en domingo tal e como solicitaron os interesados. A principal característica deste curso é a personalización absoluta, dado que é o monitor, que sempre acompaña ao alumno, quen se vai adaptando ao nivel de cada un deles. Así mesmo pode realizarse as veces que se desexe porque a formación é continua e sempre se van introducindo novos conceptos e perfeccionando os anteriormente adquiridos.

O curso terá unha duración dunha xornada e dará comezo ás 9.00 horas ata as 18.00 con sesión teórica a primeira hora e dúas sesións de prácticas ás 10.45 e 15.30.

O participantes recibirán formación sobre posición de condución, manexo do volante en diferentes situacións, trazados e traxectorias, utilización correcta do freo e acelerador, sistema ABS, dinámica de pesos no vehículo e comportamento do vehículo (Sub e sobreviraxes).

Os que desexen inscribirse poden facelo a través do teléfono 650 367 521 ou no correo info@ptcescuela.com.