?>

Críticas en Pol polo trato do servizo de transporte a tres escolares

Pol
Terracha Xa | Lugo XA
A veciñanza de Pol mostrou ao Concello o seu malestar polo trato que están a recibir tres escolares do termo municipal por parte do servizo de transpo
Interior_Autobus transporte
Interior_Autobus transporte
plosa2
15 oct 2023

A veciñanza de Pol mostrou ao Concello o seu malestar polo trato que están a recibir tres escolares do termo municipal por parte do servizo de transporte escolar da Xunta. O alcalde, que se uniu a estas críticas, califica de “inaudito” e “vergoñento” o trato que se dá á veciñanza do medio rural.

Explica Ónega que son tres os nenos máis afectados pola negativa do servizo de transporte de estudar os distintos casos, “e que non implican variación ningunha das rutas”.

De feito, falan do caso dun neno de Balonga ao que os pais teñen que levar ás paradas establecidas, que ten a máis dun quilómetro da súa casa, cando o bus pasa xusto por diante da porta do domicilio.
Unha situación moi parecida prodúcese en Caraño, onde tamén hai que transportar en coche ao pequeno á parada cando só implicaría unha volta mínima do autobús.

Situación similar tamén en Cirio, donde vense obrigados os pais a levar o neno ao pobo cando tamén conta cunha parada de bus xusto fronte á súa casa. Nos tres casos, a Xunta négase a modificar o servizo, “cando non implicaría ningún custe a maiores, ni máis tempo de servizo”.

Considera que se está a perder a esencia do transporte escolar nas zonas rurais cando os pais non poden ter ese servizo cando dispoñen de paradas e da infraestrutura.

“Tanto que falan da Galicia baleira e son eles mesmos os que tratan ao rural deste xeito poñendo máis trabas e problemas á veciñanza”, indica Ónega e subliña que “é unha vergoña o trato que nos están a dispensar, deixando claro que é unha mentira a súa preocupación polo rural xa que non se molestan en preocuparse un mínimo pola situación destas localidades que non teñen outros servizos alternativos”.

No pasado mes de marzo o Concello de Pol mandou un escrito á Xunta de Galicia solicitando unha marquesiña para a parada de bus onde recollen a tres rapaces para ir en autobús ao instituto de Lugo, “e nin caso se nos fixo”, di Lino Rodríguez, quen tamén lembrou o caso doutra rapaza que ten que camiñar tres quilómetros todos os días para chegar á parada de bus.