Convocan a segunda edición da Liga de Pádel de Begonte

Terracha Xa
O Concello de Begonte pon en marcha a segunda edición da Liga de Pádel de categoría única para parellas masculinas, femininas ou mixtas. Esta compe
liga de padel begonte portada
liga de padel begonte portada
plosa2
11 sep 2023

O Concello de Begonte pon en marcha a segunda edición da Liga de Pádel de categoría única para parellas masculinas, femininas ou mixtas.

Esta competición alongarase durante todo o mes de outubro para rematar sobre o mes de xuño. A relación de partidos dependerá do número de parellas inscritas.

A inscrición ten un prezo de 20 euros por parella, cota que non inclúe o alugueiro da pista para os partidos. Todos os participantes serán marcados como socios da pista de pádel ata xuño de 2024, o que vén acompañado dun desconto en todas as súas reservas futuras, sexan ou non para esta liga.

A competición consistirá nun partido semanal datado de mutuo acordo coas parellas. Ademais, estes poderán seguir resultados e calendarios en formato online.

As parellas interesadas deberán inscribirse antes do 6 de outubro no Concello de Begonte, a través do correo deportes@concellodebegonte.es, o whatsapp 619 455 026 ou no teléfono 982 396 143.

liga de padel begonte