Convocada para o mércores a tradicional romería de San Cosme da Montaña, Galgao

Terracha Xa
San Cosme da Montaña de Galgao, en Abadín, acolle este mércores a súa tradicional Romería, na que teñen especial relevancia os actos relixiosos. Ha
san cosme da montana galgao portada
san cosme da montana galgao portada
plosa2
25 sep 2023

San Cosme da Montaña de Galgao, en Abadín, acolle este mércores a súa tradicional Romería, na que teñen especial relevancia os actos relixiosos.

Haberá misas ás 10.00, 11.30, 13.00 e 17.00 horas e a do mediodía estará presidida polo bispo da diócese de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos. Culminará cunha procesión á que seguirá a tradicional sesión vermú, que estará amenizada polo trío Merengue, que tamén se ocupará da sesión de tarde.

Contarase con servizo de polbo para os que o desexen a partir das 12.00 horas.

A xornada será festiva en Abadín.

O domingo a misa será ás 13.00 horas e a sesión vermú do dúo Merengue, de novo, porá o punto e final á festa propiamente dita antes da romaxe de San Cosme, que será o martes 27.

O horario de misas será ás 10.00, 11.30 e 13.00 horas pola mañá e ás 17.00 horas pola tarde. Os Adrianos encaranse da animación musical á hora do vermú e a partir das 12.00 horas haberá comida e polbo no campo da festa, que estará cuberto con carpa.

san cosme da montana galgao