?>

Continúan os mércores de cine en Meira

Terracha Xa
Este mércores, 6 de setembro, continúa en Meira o ciclo de cinema Mestre Mateo. Está organizado pola Academia Galega do Audiovisual e máis a Deputació
a foreing song portada
a foreing song portada
plosa2
5 sep 2023

Este mércores, 6 de setembro, continúa en Meira o ciclo de cinema Mestre Mateo. Está organizado pola Academia Galega do Audiovisual e máis a Deputación de Lugo.

A Asociación cultural M de Meira, xunto co Concello de Meira, colaboran poñendo os medios para que se poida ver no concello e seguirán as proxección mañá co filme A foreign song, documental do director Daniel Froiz.

Traballou nunha compañía de seguros durante 40 anos. Todos os días erguíase ás 6 e deitábase ás 9. Nos seus días tranquilos non hai peripecias salientables, nin grandes dramas. Ninguén diría que este home de vida ordinaria e aburrida é o autor dunha das obras poéticas máis singulares do século XX. Cando se lle pediu un apunte biográfico para presentar a súa obra, o poeta modernista estadounidense Wallace Stevens negouse a escribilo. Cría profundamente que a poesía non é persoal e que a voz que estaba detrás dos seus poemas era en realidade a voz dun Outro. Alguén, ao lonxe, observa as casas idénticas nos suburbios solitarios de Estados Unidos. Na cidade dos cartos, onte e hoxe, unha multitude camiña sen descanso. Voces sen rostro len fragmentos das cartas do poeta. Un paxaro de plumas douradas canta unha canción.

Este filme foi nominado ao Mestre Mateo ao Mellor Documental.

As proxeccións, que son ás 22.00 horas na casa da cultura baixo o título Mércores de Cine, continuarán o próximo mércores na localidade.

cine en meira foreing song