?>

Comezan obras de rexeneración de vías en varias parroquias de Castro de Rei

Terracha Xa | Lugo XA
O Concello de Castro de Rei está a executar traballos de rexeneración de vías municipais con cargo ao plan de mellora de camiños da Xunta de Galicia e
obras vias rural castro de rei 2
obras vias rural castro de rei 2
plosa2
19 oct 2023

O Concello de Castro de Rei está a executar traballos de rexeneración de vías municipais con cargo ao plan de mellora de camiños da Xunta de Galicia e Plan Único da Deputación de Lugo, cofinanciadas tamén polo concello, por importe de 262.000 euros.

A primeira das actuacións que se financia con cargo ao plan de mellora de camiños da Xunta, con un importe de 102.825 euros, destínase á rexeneración de varias vías municipais nas parroquias de Loentia, Santa Locaia, e San Xiao de Mos. Conta cun prazo de execución de 2 meses.

A segunda das actuacións que se financia con cargo ó Plan Único da Deputación, cun importe de 159.929 euros, cofinanciada tamén polo Concello, destinarase á rexeneración de varias vías municipais nas parroquias de Santa Locaia, Quintela, San Martiño de Goberno, Bazar, Dumpín e San Xiao de Mos, contando cun prazo de execución de dous meses.

Dende o Concello como é habitual, destacan "a necesidade de poder contar con estas axudas para poder manter en boas condicións a rede viaria municipal, xa que se trata dun concello no que por razón da forte implantación que ten o sector agrícola e gandeiro, as vías están expostas a unhas condicións de deterioro constante, polo que esixen un mantemento moito máis exhaustivo".

obras vias rural castro de rei 3
obras vias rural castro de rei 1