?>

Comezan en Rábade dous talleres para maiores, de memoria e de teatro

Terracha Xa | Lugo XA
Coa chegada do outono o Concello De Rábade oferta dous talleres para maiores completamente gratuítos. Dun lado, un taller de memoria que se vai cel
talleres de memoria e teatro portada
talleres de memoria e teatro portada
plosa2
19 sep 2023

Coa chegada do outono o Concello De Rábade oferta dous talleres para maiores completamente gratuítos.

Dun lado, un taller de memoria que se vai celebrar os luns pola tarde no Centro Sociocultural.

Por outra banda, un taller de teatro que se impartirá os xoves en horario de mañá tamén no Centro Sociocultural.

Os maiores interesados en anotarse nalgunha destas actividades poden facelo desde hoxe mesmo no Departamento de Servizo Sociais do Concello de Rábade.

Son actividades dirixidas aos maiores, pero se algunha outra persoa está interesada en participar pode solicitar información no mesmo Departamento.

O prazo para formalizar a matrícula estará aberto ata o 28 de setmbro. O taller de memoria dará comezo o 2 de outubro e o taller de teatro o 9 de outubro, aínda que se fará sempre os xoves, agás o primeiro día.

talleres de memoria e teatro