?>

Chega a primeira edición da festa dos Ovos Rotos con Chourizo

Terracha Xa | Lugo XA
A Asociación de veciños de Ribeiras do Lea celebra o 30 de setembro a primeira Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía nesta localidade
festa ovos fritos con chourizo castro portada
festa ovos fritos con chourizo castro portada
plosa2
11 sep 2023

A Asociación de veciños de Ribeiras do Lea celebra o 30 de setembro a primeira Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía nesta localidade de Castro de Rei.

A xornada festiva vai consistir nun xantar popular con empanada, ovos rotos con chourizo, postre, gotas e bebidas por 20 euros; ademais dunha feira de artesanía co seu taller, xogos e música tradicionais, un pregón e sesión vermú. A partir das 16.45 horas haberá música.

Os tickets para ese xantar popular pódense adquirir chamando aos teléfonos 617 710 532 ou 647 710 736 ou nos locais colaboradores en Castro Ribeiras de Lea, bar A Carballeira e Piensos Fulgencio e con cada ticket regalarase un prato conmemorativo.

festa ovos fritos con chourizo castro