Cazás, en Xermade, estará de festas o 14 e 15 deste mes

Terracha Xa
A parroquia de Cazás, en colaboración co Concello de Xermade, estará de festas a fin de semana do 14 e 15 de outubro na honra á Divina pastora. A x
cazas festas xermade portada
cazas festas xermade portada
plosa2
9 oct 2023

A parroquia de Cazás, en colaboración co Concello de Xermade, estará de festas a fin de semana do 14 e 15 de outubro na honra á Divina pastora.

A xornada festiva dará comezo o sábado ás 13.00 horas coa misa solemne, procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Costa Dorada que, ademais será a encargada de amenizar a gran verbena das 22.30 horas xunto a D'Vicio.

O domingo, a sesión relixiosa será á mesma hora, con misa e procesión; seguida dunha sesión vermú fin de festa, amenizada polo dúo Venus.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

cazas festas xermade