Castiñeiro Milenario organiza un obradoiro de fermentados

Terracha Xa
O local da asociación veciñal O Castro de Begonte acolle o sábado 14 de outubro un obradoiro de fermentados, que se desenvolverá en horario de 10.30 a
obradoiro castineiro milenario fermentados portada
obradoiro castineiro milenario fermentados portada
plosa2
9 oct 2023

O local da asociación veciñal O Castro de Begonte acolle o sábado 14 de outubro un obradoiro de fermentados, que se desenvolverá en horario de 10.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.

A sesión estará a cargo de Natalia Carrillo que explicará nunha sesión teórica os fundamentos da fermentación láctica de vexetais, como crear as receitas e un seguimento dos procesos de fermentación.

Na parte práctica farase un chucrut de col lombarda e verduras de tempada lactofermentadas.

A sesión está organizada por Castiñeiro Milenario e ten prazas limitadas. A inscrición pecha o 11 de outubro e debe facerse por whatsapp no 616 705 174 ou no correo castineiromilenario@hotmail.com.

O curso ten un prezo de 15 euros para socios e de 25 para os non socios.

obradoiro fermentados castineiro milenario