Carballo Vivo retoma as rutas o primeiro de outubro

Terracha Xa | Lugo XA
A Asociación Carballo Vivo, de Friol, organizan para o 1 de outubro un novo roteiro guiado a cabalo, en bici e a pé. A xornada dará comezo pola mañá,
roteiros guiados carballo vivo portada
roteiros guiados carballo vivo portada
plosa2
24 sep 2023

A Asociación Carballo Vivo, de Friol, organizan para o 1 de outubro un novo roteiro guiado a cabalo, en bici e a pé. A xornada dará comezo pola mañá, ás 10.00 horas, coa concentración no curro das bestas do carballo para máis tarde dar saída á ruta. Rematarán cun xantar, que terá un prezo de 25 euros. Ás 17.00 horas haberá un sorteo de cousas e, entre elas, unha silla de montar valorada en 300 euros.

Haberá tres percorridos diferentes, de 20; 40 e 15 dependendo de si se vai en a cabalo, en bici ou a pé.

A asociación lembra que para acudir ao xantar non é necesario ir a cabalo pero si hai que anotarse antes do 27 de setembro nos teléfonos de Toño (687 660 966) para a ruta a cabalo, José Manuel (647 084 545) para a ruta a pé e Carlos (606 085 556) para a ruta en bici.

A ruta non terá carácter competitivo e cada participante deberá responsabilizarse do seu cabalo ou vehículo.

roteiros guiados carballo vivo