Begonte organiza de outubro a maio un curso de informática e novas tecnoloxías

Terracha Xa
O Concello de Begonte organiza un curso de informática e novas tecnoloxías que se desenvolverá todos os xoves de 19.00 a 20.30 horas entre os meses de
curso de informativa e novas tecnoloxias begonte portada
curso de informativa e novas tecnoloxias begonte portada
plosa2
28 sep 2023

O Concello de Begonte organiza un curso de informática e novas tecnoloxías que se desenvolverá todos os xoves de 19.00 a 20.30 horas entre os meses de outubro e maio.

A formación terá lugar no Telecentro de Begonte con un prezo de 30 euros ao mes.

Na formación explicarase o sistema operativo, teclado e rato, panel de control de windows e aplicacións no teléfono móbil. Tamén se falará do uso do DNI dixital, das distintas plataformas electrónicas, como a do Sergas, Catastro, Xunta, etc e se explicará a instalación do whatsapp no ordenador.

Así mesmo falarase de navegadores, correo electrónico, buscadores, mapas, etc....

curso de informatica e novas tecnoloxias