Begonte acolleu a visita do delegado da Xunta no inicio oficial do curso

Terracha Xa
Un total de 32.536 escolares lucenses retornan hoxe ás aulas na provincia de Lugo, nos niveis de educación Infantil (5.573); Primaria (13.844); educac
inicio curso escolar virxe corpino begonte
inicio curso escolar virxe corpino begonte
plosa2
11 sep 2023

Un total de 32.536 escolares lucenses retornan hoxe ás aulas na provincia de Lugo, nos niveis de educación Infantil (5.573); Primaria (13.844); educación especial (71); ESO (9.787) e Bacharelato (3.261).

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visitou o CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño de Begonte para acompañar ao profesorado e ao alumnado no primeiro día do curso 2023-24.

Destacou o importante impulso que lle está a dar a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades á mellora das infraestruturas educativas, con obras como as executadas neste colexio, onde recentemente acometeuse unha actuación de rehabilitación integral por importe de 535.000 euros. Con esta intervención, acadouse un 50% de aforro enerxético.

Así mesmo, habilitáronse neste centro de Begonte unha pista multideporte e un polo creativo, a través da liña de axudas da Xunta a concellos para promover estas instalacións. No caso das pistas multideporte, son espazos aptos para practicar un mínimo de cinco deportes e poden ser utilizadas polo alumnado e polos veciños e veciñas en xeral -fóra do horario escolar -. Pola súa banda, os polos creativos son lugares de innovación educativa nos que se traballan as competencias STEM, a solución de problemas reais e o pensamento de deseño e habilidades.

En canto ás obras no resto da provincia, Arias destacou que no marco do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia a Xunta ten en marcha 43 grandes actuacións na provincia de Lugo por importe de 25,8 M€ -en diferentes fases, algunhas acaban de rematar e outras están en execución, en licitación ou en previsión de licitalas en breve -.

Ademais, subliñou que nos dous últimos anos acometéronse 157 obras de menor envergadura en centros lucenses por valor de 3 M€; e hai proxectadas 14 intervencións de novas instalacións fotovoltaicas en colexios e institutos que suman 380.000 euros.