Augaxosa arranca as súas festas con polbo e churrasco de balde

Terracha Xa | A Mariña Xa
A localidade de Augaxosa, en Riotorto, inicia as súas festas este venres cunha cea a base de polbo, churrasco, xamón cocido e sobremesa a partir das 2
festas augaxosa portada
festas augaxosa portada
plosa2
14 sep 2023

A localidade de Augaxosa, en Riotorto, inicia as súas festas este venres cunha cea a base de polbo, churrasco, xamón cocido e sobremesa a partir das 21.30 horas. Non faltará a verbena para abrir a celebración, a cargo da orquestra Magos e DJ Billy.

O sábado terá lugar a tradicional feira de gando, na que volverán repartirse premios. Esta arrancará ás 9.30 e contará con pasarrúas a cargo dun grupo de gaiteiros durante a mañá.

Ás 13.00 horas haberá misa solemne, procesión e sesión vermú a cargo do grupo Supestar, que tamén fará a verbena a partir das 23.00 horas.

O domingo 17 repetirase o oficio relixioso e a sesión vermú de fin de festa estará amenizada polo dúo Venus.

augaxosa festas