As Pontes acolle un campus de baloncesto este Nadal

Terracha Xa
As Pontes acollerá entre o 26 e o 29 de decembro un campus de baloncesto dirixido a nenos de 8 a 16 anos organizado polo CB As Pontes.
plosa2
18 dic 2023

As Pontes acollerá entre o 26 e o 29 de decembro un campus de baloncesto dirixido a nenos de 8 a 16 anos organizado polo CB As Pontes en colaboración tamén co Concello, a Federación Galega e a Deputación da Coruña.

Traballarase en dúas canchas con horario de 10.00 a 18.00 horas con desprazamentos, locais, xantar e merendas incluídas.

O prazo de inscrición está aberto e pode facerse por mail en cbaspontes@gmail.com ou whatsapp no 639 062 068. As prazas son limitadas a 50.