Arranca o domingo o programa de rutas Btteando por Guitiriz, que se amplía

Terracha Xa
BTTeiros Cova da Serpe e o Concello de Guitiriz poñen en marcha este domingo unha nova edición do programa BTTeando por Guitiriz.
btt ruta muinos guitiriz2
btt ruta muinos guitiriz2
plosa2
9 ene 2024

BTTeiros Cova da Serpe e o Concello de Guitiriz poñen en marcha este domingo unha nova edición do programa BTTeando por Guitiriz, a sexta, unha iniciativa que integra unha serie de rutas en bici abertas para todos os públicos.

Arrancarán este domingo, 14 de xaneiro, e realizan un percorrido ao mes ata o 26 maio de 2023. Logo do marón durante o verán retomarán as rutas os tres últimos meses do ano. En todas se disporá dun itinerario alternativo para os nenos e nenas a partir dos sete anos que queiran participar, os cales deberán ir acompañados por unha persoa adulta.

A primeira terá lugar polas bidueiras en San Breixo con saída e chegada a San Alberte dende as 10.00 horas.

Sucesivamente irán en febreiro farán a ruta das Canteiras de Miraz en Friol, en marzo tocará o balneario de Guitiriz e en abril a ruta dos Muíños. Rematarán en maio coa Ruta da Pedra Díaz Castro nos Vilares.

En outubro volverán con Bascuas e o Camiño Real por San Salvador e a do pantano de San Xoán en novembre. Está previsto rematar o día 29 de decembro coa Ruta de Fin de Ano, con saída e chegada á praza do Campo da Feira de Guitiriz.

É obrigatorio o uso de casco e levar unha peza de froita (aconsellable plátano) e auga. Pode haber algún cambio nas datas debido ao mal tempo ou algunha outra causa xustificada, casos nos que se avisaría coa maior antelación posible.

Todas as persoas interesadas poden inscribirse no concello ou a través do Club Btteiros Cova da Serpe ata o xoves antes de cada ruta.