Arranca hoxe unha nova edición da Ruta das Tapas de Riotorto

Terracha Xa | A Mariña Xa
A veciñanza de Riotorto desfrutará un ano máis da súa tradicional ruta das tapas que se celebrará os días 2 e 3 de decembro.
ruta das tapas riotorto portada
ruta das tapas riotorto portada
plosa2
1 dic 2023

A veciñanza de Riotorto desfrutará un ano máis da súa tradicional ruta das tapas que se celebrará os días hoxe, venres, e mañá.

Esta sexta edición da Ruta das Tapas de Riotorto conta cun total de cinco establecementos hostaleiros participantes e que ofrecerán as súas propostas aos veciños.

Os negocios hostaleiros son Mesón Novo América, Casa Rivas, Casa Rodil, Confitería Irma e o Mesón O de Sempre. O prezo de cada tapa, que se servirán en horario de 20.00 a 00.00, é de 2,50 euros.

Entre as persoas participantes sortearanse ata cinco premios: o primeiro de 200 euros, o segundo de 100 euros, o terceiro será un vale de 50 euros de queixos Don Hilario, o cuarto da mesma cantidade por produtos cárnicos O Mazo e o quinto tamén de 50 euros para gastar na Panadería Cartiere.

ruta das tapas riotorto