Aprobado o orzamento de Begonte, que ascende a 3,3 millóns de euros

Terracha Xa
Un Pleno extraordinario en Begonte aprobou os orzamentos municipais, que ascenden ata os 3.337.438 euros,  300.000 máis que o ano anterior. Este incre
concello begonte
concello begonte
plosa2
5 ene 2024

Un Pleno extraordinario en Begonte aprobou os orzamentos municipais, que ascenden ata os 3.337.438 euros,  300.000 máis que o ano anterior. Este incremento é debido ao incremento no capítulo de taxas e licenzas.

Un dos gastos principais para este concello volve o tema social, xa que o Servizo de Axuda no Fogar, o alquiler social e a dependencia ocupan o 30% deste capítulo.

Pero tamén destacan en investimentos, a dotación de mobiliario á antiga escola do Castro, que vén de ser reformada para vivendas en alugueiro.

No capítulo de obras tamén destacan os 250.000 euros que se destinarán ao acondicionamento da rede viaria municipal, para continuar co proceso iniciado nos últimos anos para utilizar aglomerado en quente.

Tamén se investirá en mellorar o pavillón do CEIP Virxe do Corpiño, onde se cambiarán as baixantes, se pintará a pista e se dotará de equipamento deportivo. Tamén se traballará na contorna do colexio para finalizar as beirarrúas e aparcadoiros.

Así mesmo, investirase en dous grandes proxectos en marcha co patrocinio da Xunta de Galicia, por unha banda a construción do auditorio de Baamonde, e na nova escola infantil de 0 a 3 anos, na que se investirán 270.000 euros.