Álex Vázquez substitúe a Manuel Veiga á fronte do banco do SD Muimenta

Terracha Xa
O SD Muimenta aproveitou o descanso de Nadal para facer un cambio na dirección do partido. Os malos resultados levaron ao equipo a colocarse nos posto
plosa2
4 ene 2024

O SD Muimenta aproveitou o descanso de Nadal para facer un cambio na dirección do partido. Os malos resultados levaron ao equipo a colocarse nos postos de descenso da Segunda Galicia, situación que pretende solucionar Álex Vázquez, que dirixirá o cadro local coa primeira cita do ano na fase previa da Copa Deputación, que terá lugar este domingo.

Álex Vázquez substitúe no banco a Manuel Veiga e xa levou as rendas do Muimenta no último duelo da tempada contra o Candelaria, no que perderon por 3-2.

O ex colexiado, que conta con 30 anos, vivirá no Muimenta a súa primeira experiencia como primeiro adestrador, xa que estivo como segundo en Castro e en Sarria. Tamén participou en diferentes experiencias no banco en Guntín, Guitiriz ou Cospeito.