?>

Adega restaurará os muros de pedra recoñecidos pola Unesco de Muras

Terracha Xa
O vindeiro venres 21 de xullo, Adega organiza unha xornada no Concello de Muras para restaurar os muros en pedra seca.
restauracion muros pedra muras adega
restauracion muros pedra muras adega
plosa2
13 jul 2023

O vindeiro venres 21 de xullo, Adega organiza unha xornada no Concello de Muras para restaurar un elemento singular do patrimonio cultural e ambiental galego como son os muros en pedra seca. Característicos das paisaxes cercadas, son pezas da nosa tradición de grande importancia para a conservación da biodiversidade e a preservación do medio natural ligado aos agrosistemas.

"Os muros de pedra seca son un exemplo excepcional dunha relación equilibrada entre o ser humano e a natureza, ademais de ter un papel esencial na prevención de escorrentías de terras, inundacións, avalanchas ou no deterioro e erosión do solo. Tamén funcionan como cortaventso e refuxios de especies animais de vertebrados e invertebrados, algúns en situación de vulnerabilidade, e doutros organismos naturais como liques, fungos, fentos, e brións que teñen unha importante función ecolóxica. A diversidade de especies tamén favorece a viabilidade dos labores agrícolas e modelos de intervención na terra máis sustentábeis e respectuosos co medio ambiente", explican.

As diferentes tipoloxías e materiais, propios de cada zona, conforman a nosa paisaxe e identifica os usos tradicionais do solo, sendo esta técnica de construción, a da pedra seca, Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, segundo a Unesco.

A iniciativa enmarcase no proxecto de Adega “Patrimonio rural: custodiando o noso legado máis singular” apoiado pola Vicepresidencia da Deputacion de Lugo, dende a área de Medio Rural.

Programa de actividades

A actividade será en sesión de mañá arrancando ás 10.00 horas coa recepción e presentación para comezar os traballos media hora despois. Haberá un descanso de media hora ás 12:00 e remataran ás 14:30 horas para o xantar.

Na xornada participará persoal de Adega e o canteiro experimentado en construción deste tipo de valados, Xosé María Lomba, quen guiará os traballos.

Ao mediodía, o voluntariado gozará duns petiscos e faráselles entrega do Manual para a restauración de valados, editado por Adega.

As persoas que queiran asistir ás xornadas teñen que rexistrarse a través deste enlace antes do xoves 20 de xullo ás 14 horas.

restauracion muros pedra muras adega interior