?>
Warning: session_start(): Session cannot be started after headers have already been sent in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_functions.php on line 64

Abre en Outeiro de Rei unha mostra sobre a violencia de xénero

Terracha Xa | Lugo XA
A casa da cultura de Outeiro de Rei acolle a mostra Á violencia de xénero dille non!, unha exposición gráfica ilustrada dirixida especialmente á mocid
plosa2
29 dic 2023

A casa da cultura de Outeiro de Rei acolle a mostra Á violencia de xénero dille non!, unha exposición gráfica ilustrada dirixida especialmente á mocidade coa que axudar a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas e nocivas nas súas relacións afectivas.

Trátase dunha iniciativa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, no marco do Acordo de Colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias de Galicia. A mostra forma parte das actividades enmarcadas na Rede de entidades locais contra a violencia de xénero da que forma parte este concello.

Os once paneis que integran a exposición reflicten formas de exercer a violencia que case sempre pasan desapercibidas a quen a sofren, e nalgúns casos, tamén a quen exerce por tratarse dun modelo normalizado pola cultura e a sociedade que cala con forza na adolescencia.

Á violencia de xénero dille non! pretende axudar á mocidade para recoñecer, identificar e rexeitar condutas tóxicas como o control, a manipulación, o abuso, a sextorsión, a chantaxe emocional e outras formas de malos tratos.

Sensibilizar á mocidade na construción dunha sociedade na que a liberdade, a tolerancia e o respecto sexan a base das relacións, dunha sociedade que faga fronte á submisión, á desigualdade e á violencia son outros dos obxectivos que se pretende acadar con esta exposición.

Esta exposición poderá visitarse na casa da cultura de Outeiro de Rei ata o vindeiro 8 de xaneiro de 2024, en horario de 11:00 a 14:00 horas.