Abre ao tráfico a ponte de Uriz, en Begonte, tralas obras

Terracha Xa
A Deputación de Lugo vén de rematar este xoves os traballos de conservación e mellora da ponte de Uriz, en Begonte, situada na estrada provincial LU-P
obras ponte uriz begonte
obras ponte uriz begonte
plosa2
1 sep 2023

A Deputación de Lugo vén de rematar este xoves os traballos de conservación e mellora da ponte de Uriz, en Begonte, situada na estrada provincial LU-P-5101.

Son unhas actuacións que finalizan antes do previsto e que permiten restablecer o tráfico por este treito de novo dende este mesmo mediodía.

O proxecto, que ascendeu a 44.000€, incluíu a reconstrución de varios elementos que estaban danados, como os tallantes, que protexen as pilas da ponte fronte á velocidade da auga ou dos elementos que esta arrastra.