Abadín comeza o luns o campamento de verán

Terracha Xa
O Concello de Abadín celebrará un campamento de verán gratuíto a partir do luns 17 de xullo e ata o 18 de agosto.
campamento veran abadin portada
campamento veran abadin portada
plosa2
11 jul 2023

O Concello de Abadín celebrará un campamento de verán gratuíto a partir do luns 17 de xullo e ata o 18 de agosto. Aínda que nun principo estaba dirixido a nenos de 3 a 12 anos ampliouse posteriormente ata os de 14 anos debido á petición popular.

Os interesados en paritcipar poderán anotarse ata este venres 14 de xullo nas oficinas do Concello en horario de 10.00 a 14.00 horas. Tamén ofrecerán información no teléfono 605 349 137 (Edita).

O campamento contará con diferentes actividades ao aire libre como unha ruta en bici, kayak na Roxica, tiro con arco, obradoiro de reciclaxe e xogos musicais e tradicionais ademais da popular festa da escuma.

campamento veran abadin