Abadín acolle dúas xornadas de Cine na Rúa

Terracha Xa
Abadín acolle durantes esté verán dúas xornadas de Cine na Rúa.  A primiera terá lugar o vindeiro 25 de agosto ás 22.30 no Concello.  Esta prime
Cine na rúa Abadín portada
Cine na rúa Abadín portada
plosa2
18 ago 2023

Abadín acolle durantes esté verán dúas xornadas de Cine na Rúa. 

A primiera terá lugar o vindeiro 25 de agosto ás 22.30 no Concello. 

Esta primeira proxección será a película infantil Minios, el origen de Gru. Son os anos 70 e Gru crece nun barrio residencial, en pleno boom dos peiteados cardados e os pantalóns de campá. 

Como fan incondicional dun famoso supergrupo de viláns, 'Os salvaxes 6', Gru idea un plan para demostrarlles que é o suficientemente malvado como para traballar con eles. Por sorte, conta coa axuda dos seus fieis seguidores, os Minions, sempre dispostos a sementar o caos por onde pasan. 

A segunda proxección será o venres 1 de setembro no colexio de Moncelos ás 22.30. 

Nesta acasión a pelícua proxectada será Matria, que trata sobre Ramona , unha muller de corenta anos que vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e impredicible. Un día crúzase con Xosé, un home con quen constrúe unha inusual amizade que lle permite pensar que haxa algo novo polo que vivir. 

Cine na rúa Abadín