?>

'A viaxe do Señor López' estará en Muimenta o domingo

Terracha Xa
O espectáculo A viaxe do Señor López, da man de Señor López Producións estará o domingo 24 de setembro, ás 17.00 horas, na casa da cultura de Muimenta
cartel teatro senor lopez muimenta portada
cartel teatro senor lopez muimenta portada
plosa2
18 sep 2023

O espectáculo A viaxe do Señor López, da man de Señor López Producións estará o domingo 24 de setembro, ás 17.00 horas, na casa da cultura de Muimenta.

Trátase dunha obra totalmente gratuíta, dirixa a todos os públicos, que ten unha duración de 50 minutos.

Sinopse

O señor López é unha persoa solitaria, triste e gris. Un día calquera acontécelle unha desas cousas tristes e grises tan características do mundo dos adultos, e a partir dese momento todo cambia. Monta unha compañía de teatro. Aprende a contar chistes. Fala idiomas inventados. Viaxa nunha balsa por un mundo cheo de cores e alegría. O señor López convértese nun paxaro-inuit.

cartel teatro senor lopez muimenta