?>

A Pastoriza: Ruta das Augas de Fonmiñá

Terracha Xa
A ruta das Augas de Fonmiña é un percorrido de dificultade baixa cunha distancia de case trece quilómetros no concello da Pastoriza
Ruta Pastoriza augas Fonmiña
Ruta Pastoriza augas Fonmiña
plosa2
11 jun 2023

A ruta das Augas de Fonmiñá é un percorrido longo de case trece quilómetros a carón do río Miño, dunha dificultade baixa, que nos permite coñecer unha parte do concello da Pastoriza

A ruta das augas de Fonmiñá ten unha lonxitude total de case trece quilómetros que se realiza en aproximadamente tres horas e vinte minutos. A diferencia da Ruta Maeloc, que tamén discorre polo concello da Pastoriza, esta ruta está catalogada cunha dificultade baixa, o que a fai máis accesible que á súa compañeira.

O percorrido da comezo na Lagoa de Fonmiña situada xusto á entrada do concello da Pastoriza dende polo sur. A lagoa conta cunha superficie de 350 metros cadrados e é de orixe Kárstico onde emerxen as augas subterráneas de mananciais que descenden da montaña. Nas inmediacións da lagoa podemos atopar un conxunto escultórico adicado ao deus Breogán realizado en 1969 por Magín Picallo e Manuel Mallo.

A ruta cruza a pequena pista que leva á aldea de Fonmiñá e deixa a man esquerda un gran muíño de fariña que na actualidade funciona como museo. O camiño, ben sinalizado, transcorre pola marxe dereita do río Miño, baixo a sombra dos altos bidueiros, amieiros e salgueiros e entre amplas praderías nas que é frecuente ver pastando vacas e cabalos.

Característico da zona da Terra Chá este percorrido é practicamente chairo onde poderemos observar os campos agrícolas e unha gran vista ao horizonte desfrutando así dunha contorna diferente do habitual paisaxe galego.

O río Miño é o eixo desta ruta, sen embargo, ao longo do camiño poderemos desfurtar non só da paisaxe senón tamén de diferentes puntos de interese etnográfico e patrimonial. En primeiro lugar nun punto sinalizado do camiño podermos desviarnos para visitar a igrexa de O Salvador de Crecente e máis adiante o Castro de Sa.

O castro é un asentamento correspondente a Idade de Ferro que na actualidade ten unha superficie de corenta e oito metros cadrados escavados e que se compón de tres murallas defensivas, cos seus respectivos fosos, un ante castro e a croa. Dende esta ubicación teremos unha panorámica da contorna de 360º.

As augas de regatos como o Rego de Piñeiro ou o Rego de Xixín van agrandando o caudal do Miño ata formar na parroquia de Baltar unha área recreativa habilitada como praia fluvial, merendeiro e que conta cun pequeno embarcadoiro. Este será o punto final da ruta.

Antes de realizar a Ruta das Augas de Fonmiñá debemos ter en conta que este non é un percorrido circular, polo que aos case trece quilómetros de ida hai que sumar os mesmo para a volta. Polo tanto a duración total estimada multiplícase por dous.

Ruta Pastoriza augas Fonmiña castro 2
Ruta Pastoriza augas Fonmiña castro
Ruta Pastoriza augas Fonmiña praia baltar