?>

A Moexmu comeza a preparar a feira cunha reunión inicial

Terracha Xa
A comisión organizadora da XXXIX Moexmu, continúa coas súas reunións de traballo encamiñadas á celebración, do 31 de marzo ao 2 de abril.
plosa2
17 dic 2023

Cospeito acolleu este sábado unha xuntanza de traballo da Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta con motivo da preparación da XL Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu). A cita, que terá lugar entre o 5 e o 7 de abril do 2024, reunirá un ano máis a gandeiros e gandeiras da contorna.

Estiveron membros de Africor Lugo e a maioría dos gandeiros que participaron no Concurso desta edición da Moexmu, para empezar a perfilar o único concurso de gando que se mantén vivo na provincia. Tamén asistiron o alcalde de Cospeito, Armando Castosa, e varios concelleiros de diferentes partidos.

Falouse da organización do concurso e confirmouse a 28 edición da poxa. Acordaron manter o concurso de pelado/preparadores para xente nova o venres. De feito acordaron facer unha liga de pelado e de manexadores e unha xeral.

A seguinte reunión terá lugar en xaneiro.