A Deputación realizará obras de mellora dos servizos na vía principal da estrada a Muimenta

Terracha Xa
A Xunta de Goberno da Deputación deulle luz verde á adxudicación por un importe de máis de 260.000 euros das obras de mellora de servizos municipais n
traballos renovacion firme estrada pastoriza muimenta
traballos renovacion firme estrada pastoriza muimenta
plosa2
30 sep 2023

A Xunta de Goberno da Deputación deulle luz verde á adxudicación por un importe de máis de 260.000 euros das obras de mellora de servizos municipais no núcleo urbano da Pastoriza. Explicou a deputada que, cando se fixeron as obras de pavimentación da vía principal, a LU-P-4401, que vai da Pastoriza a Muimenta por Reigosa, detectouse que os servizos municipais estaban en mal estado e provocaban avarías. “Polo tanto, para evitar novas obras unha vez rematados os traballos de aglomerado, vanse renovar agora os servizos de abastecemento e de saneamento nesta zona do centro da vila”, detallou.

As obras foron adxudicados á empresa Isidro Otero SL, e, en concreto, consisten na instalación dunha nova tubaxe de reserva para o alumeado público, tamén se vai repoñer a canalización do abastecemento nos puntos nos que presenta problemas, e instalarase unha rede separativa de augas residuais, dando continuidade así á rede existente dende a Casa da Cultura, que xa foi feita en proxectos anteriores. Estes traballos terán un prazo de execución de 2 meses e 2 semanas.