?>

A ciberseguridade industrial será o eixe dunhas xornadas en Outeiro de Rei

Terracha Xa | Lugo XA
O próximo 24 de outubro está previsto que se celebre na Casa da Cultura de Outeiro de Rei unha xornada sobre ciberseguridade industrial en horario de
xornada ciberseguridade industrial outeiro de rei
xornada ciberseguridade industrial outeiro de rei
plosa2
9 oct 2023

O próximo 24 de outubro está previsto que se celebre na Casa da Cultura de Outeiro de Rei unha xornada sobre ciberseguridade industrial en horario de 09:30 a 12:00 horas.

Nesta xornada, destinada especialmente ás empresas independentemente do seu tamaño, aprenderase como protexer os datos e os equipos, evitar secuestros de datos, mellorar os sistemas antivirus e identificar puntos vulnerables no entorno dixital.

Para asistir é preciso anotarse a través do correo electrónico: lugo@acelerapyme.asime.es.

Durante o taller práctico mostrarase como protexer as empresas evitando a perda de datos, roubo de información e bloqueo total ou parcial de máquinas e sistemas. Ademais, poderanse descubrir, en tempo real, as vulnerabilidades e riscos dos nosos sistemas e actuar ante eles.

As Oficinas Acelera peme postas en marcha en toda España por Red.es, entidade pública adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, contan cun orzamento global de 23,8 millóns de euros, dos cales Red.es achegará ata o 80% do orzamento subvencionable e as entidades beneficiarias o resto. As actuacións están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos Next Generation EU, no marco da axenda España Dixital 2026 e o Plan de Dixitalización de Pemes 2021-2025, cuxa cuarta medida do eixo de actuación Dixitalización básica para as PYMESs, inclúe a creación dunha rede de Oficinas Acelera peme.