?>

A casa museo de Manuel María acolle a presentación dunha webserie

Terracha Xa | Lugo XA
Este domingo, 26 de novembro, ás 12.30 h, na Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, preséntase a webserie documental Un ronsel de futuro, histori
Cartel Presentacion Outeiro ronsel de futuro web serie portada
Cartel Presentacion Outeiro ronsel de futuro web serie portada
plosa2
25 nov 2023

Este domingo, 26 de novembro, ás 12.30 h, na Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, preséntase a webserie documental Un ronsel de futuro, historias soterradas. Un filme, este, de Señor López Producións e promovido pola Rede Museística Provincial de Lugo e Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que trata de achegar, a través do cinema, toda a inmensidade dos catro museos que fan parte da rede (o Museo Provincial de Lugo, o Museo do Mar, O Pazo de Tor e o Museo-Fortaleza de San Paio de Narla).

A historia de ficción ten o seguinte fío argumental: Braulio acaba de saír do cárcere logo de cumprir unha condena por facer grafites de dinosauro no patrimonio. Para poder saír de Bonxe acepta un titor, Alexandre, que cunha metodoloxía moi peculiar, faralle ver a necesidade de realizar esta webserie documental sobre a Rede Museística como parte da súa reinserción na sociedade. Co paso dos capítulos todo encaixará na cabeza de Braulio.

A webserie que foi presentada nos Cines Númax e en Bos Aires, da man da Universidade Nacional Tres de Febrero, inicia agora unha xira, cun formato espectáculo, por distintas localidades da provincia de Lugo. Así, despois da fantástica exhibición en Antas de Ulla, será a Casa-Museo Manuel María quen teña o privilexio de acoller esta presentación que pasará nas próximas datas por Barreiros, O Courel, Sarria, Meira, Lugo....

Esta actividade, dirixida para todos os públicos, é de entrada libre mais é necesario facer reserva en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621

Cartel Presentacion Outeiro ronsel de futuro web serie