?>
Warning: session_start(): Session cannot be started after headers have already been sent in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_functions_start.php on line 9

A Asociación cultural Aquilino Iglesias Alvariño arranca hoxe un club de lectura

Terracha Xa
A Asociación Cultural Aquilino Iglesia de Muimenta inicia hoxe un club de lectura da man do poeta de Momán Daniel Irimia Yáñez dirixido ao público adu
club de lectura aquilino iglesia portada
club de lectura aquilino iglesia portada
plosa2
29 sep 2023

A Asociación Cultural Aquilino Iglesia de Muimenta inicia hoxe un club de lectura da man do poeta de Momán Daniel Irimia Yáñez dirixido ao público adulto ou xuvenil co obxectivo de fomentar a relación entre a veciñanza de Muimenta e descubrir novos libros ou escritores/ras.

É unha actividade totalmente gratis que terá lugar os últimos venres de cada mes, ás 21.00 horas, durante 60 minutos. Ademais, todo o que queira asistir non ten que insribirse previamente.

Desde a organización avisan de que o primeiro día só será unha toma de contacto e, tamén, decidirase a primeira lectura do próximo venres.

club de lectura aquilino iglesia