75 familias están a participar na campaña de compostaxe doméstica de Begonte

Terracha Xa
Setenta e cinco familias do municipio de Begonte participan na campaña de compostaxe doméstica municipal, desenvolvida en colaboración coa Consellería
compostaxe domestica begonte compostador portada
compostaxe domestica begonte compostador portada
plosa2
27 nov 2023

Setenta e cinco familias do municipio de Begonte participan na campaña de compostaxe doméstica municipal, desenvolvida en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

"A campaña, contou con gran aceptación entre a cidadanía tal e como desprenden os controis efectuados porta a porta por técnicos especialistas na materia. A maioría dos compostadores están a funcionar optimamente, o que contribúe en boa medida á redución de materia orgánica a depositar nos colectores convencionais, así como á redución da emisión de gases efecto invernadoiro á atmosfera", afirman desde o Concello.

compostaxe domestica begonte compostador