?>

Sancovade xa ten gañadores do concurso de decoración de Nadal

Terracha Xa
O xurado do concurso de decoración de Nadal organizado pola asociación de veciños Santiago de Sancovade xa ten os resultados. Foi o colectivo Árdel
plosa2
30 dic 2023

O xurado do concurso de decoración de Nadal organizado pola asociación de veciños Santiago de Sancovade xa ten os resultados.

Foi o colectivo Árdelle o Eixo tamén o encargado de visitar as casas para escoller os mellores adornos. Nunha primeira rolda establecéronse tres finalistas, Marcos e Sandra, Dani e Patricia e Chelino e Inma.

Despois destas visitas e moito debate, produciuse un empate entre dúas delas. Intentar poñerse dacordo foi imposible polo que decidiron que o desempate fora a casa que tivera máis Me Gusta... polo cal a balanza tirou cara ó Ventorro, decorada por Chelino e Inma.